lunes, 2 de abril de 2018

Selección y avaliación da información: Tres criterios que darllo ao alumnado.


Resultado de imagen de paginas web

 
  O problema da lista de criterios que recollimos no post anterior, é que é demasiado extensa e demasiado complexa para alumnos de primeiro e segundo da ESO. Preguntas como “Os recursos paratextuais facilitan a comprensión ou a complexizan?” ou “Que información transmite a url?” non son doadamente entendidas por eles. Ademáis, ter que encher toda a lista para chegar á conclusión de que a páxina é fiable ou non é unha actividade demasiado longa. Ninguén, cando procura algo na rede, faise todas as preguntas que temos recollido no post anterior. A procura na rede ten que ser algo rápido. Apenas uns segundos para decidir se debo permanecer nesa páxina e lela enteira ou non.

  Por iso consideramos que hai que reducir ao máximo todas esas cinco preguntas.

 As tres preguntas que deben facerse os nosos alumnos para saber se é fiable ou non unha páxina son:


1. Quen é o autor/responsable da páxina?
(esto inclúe non só a persoa que firma a páxina, senon a entidade que está detrás dela. Pode ser un periódico, una biblioteca nacional… ou unha persoa recoñecida no campo do que trata a páxina).

2. A información é relevante?

3. Está actualizada?

No hay comentarios:

Publicar un comentario