lunes, 2 de abril de 2018

En que orde debo mirar a páxina web para saber se me interesa ou non.



   Outro aspecto a ter en conta para decidir rápidamente se unha páxina me interesa ou non é o xeito en que se distribúe a información nela. Nos poucos segundos que o noso alumnado terá para decidir se continúa lendo esa páxina, deberá dirixir a súa mirada a uns sitios antes que a outros, porque a información relevante soe estar sempre no mesmo sitio.  

Os usuarios (en occidente) len de esquerda a dereita e de arriba cara abaixo. Canto máis preto da esquina superior esquerda do noso lay-out (distribución), maior nivel jerárquico terán, e conforme están máis cara á dereita inferior, menor nivel xerárquico, e polo tanto serán 'partes de'.
O elemento que normalmente colócase na esquina superior esquerda é o logo da web, será o elemento de maior nivel xerárquico, co que se indica que o resto de elementos son subelementos deste.




Esquema de jerarquía visual

No hay comentarios:

Publicar un comentario