domingo, 22 de abril de 2018

Por que non lle debemos prestar atención ás iconas?

Resultado de imagen de iconos web

   A pesar de que poida parecer o contrario, tampouco lle debemos prestar atención ás iconas. A crenza xeral é que as iconas se recoñecen máis rapidamente que os textos escritos, con todo, isto non é así en absoluto. 

   As iconas son sempre subxectivos, están suxeitos á interpretación individual e subxectiva de cada persoa a partir da súa experiencia. Nunca son totalmente claros e inequívocos e existe risco de  malentenderlos. 

   Baséanse en representacións equivalentes do mundo físico ou convencións para explicar un concepto ou idea, pero cando un concepto non ten equivalente, non se pode representar por medio de iconas. 

   Aínda que é fácil representar unha única idea simple cunha icona, cando se queren representar moitas ideas, complexas ou similares, as iconas non funcionan correctamente, os seus significados confúndense e fanse enigmáticos.

   As iconas como representacións son pura intuición, ás veces funcionan perfectamente e ás veces non, non sempre se pode confiar neles como método de interacción co usuario.

Por que apenas nos detemos uns segundos en cada páxina web?


Resultado de imagen de detenerse poco en cada página web


   Como sucedeu co caso dos  banners, cando lles mandei aos meus alumnos buscar información na rede, comprobei que as miñas instrucións de que non se detivesen a ler a páxina enteira para saber se lles interesaba ou non foron innecesarias. Botábanlles unha mirada por encima e pasaban á seguinte. 

  Outra vez a psicoloxía cognitiva serve para explicarnos o porqué deste fenómeno. 

  Os alumnos xa sabían que, cando uno un busca información na internet, non o consegue ao primeiro intento. De forma intuitiva saben que a maior número de intentos, maior probabilidade de obter resultados. Os usuarios visualizan rápida e  superficialmente os sitios, para reducir ao máximo o tempo sen recibir reforzo. Incluso descartando sitios adecuados, pero que requiren maior tempo de análise, sempre quedarán outros sitios coa información requirida accesible de maneira rápida. 

  Este fenómeno é o que Skinner chamaría un programa de reforzo de intervalo variable, e que consiste en reforzar positivamente un comportamento só en intervalos irregulares de tempo. É o mesmo mecanismo que utilizan as máquinas comecartos. Como un xogador nestas máquinas, a  posibildad de éxito na procura na internet depende máis que repetir moitas veces rápido, que de facelo poucas detidamente.   

Por que non lle prestamos atención aos banners?

Resultado de imagen de banner

    
    Unha das primeiras indicacións que lles damos aos nosos alumnos cando lles estamos a ensinar como procurar  na rede, é que non lle presten atención a elementos parpadeantes, con cores chamativas, etc... porque no noventa e nove por cento dos casos trátase de banners publicitarios que pouco ou nada teñen que ver co obxectivo da nosa procura.

   Porén, cando fun a explicarllo aos meus alumnos de primeiro da ESO, decateime de que non era necesario. Xa eles, sen necesidade das miñas indicacións, ignoraban os banners. 

   Hai pouco atopei un artículo en internet que explicaba, dende a psicoloxía cognitiva, por que aqueles rapaces instintivamente ignoraban os banners. 

   É un feito que cando aparece algo novo, chamativo, que fai ruido, etc... a nosa atención diríxese inmediatamente hacia el. Se, por exemplo, estamos nunha habitación e a porta se abre de súpeto, voltaremos instintivamente a mirada cara alí para ver qué pasa. Este fenómeno chámase reflexo de orientación e é resultado de millóns de anos de evolución. É un mecanismo adaptativo que fainos estar alerta ante posibles perigos. Algo semellante pasaba cos banners. Ao principio, os publicistas colocaban banners chamativos nas páxinas web para captar a nosa atención. E o conseguían. Mirábamos cara alí malia que o que anunciaba o banner non fose do noso interese. 

    Pero esto xa non é así, como demostraba a pouca ou nula atención que os meus alumnos lle prestaron aos banners. Continuando co exemplo anterior, se a porta que se abre o fai continuamente, deixaremos de xirarnos para mirala. Esto podemos observalo perfectamente na porta do noso centro. Se se abre fora do horario de recreo, miraremos cara ela porque non adoita abrirse. Pero se temos garda de recreo, e os rapaces entran en salen, xa non lle prestaremos atención. Estaremos desensibilizados. O mesmo sucede cos banners. Nas nosas primeiras navegacións pola rede, prestámoslles atención, pero tras un tempo, non lles faremos caso. Esto é porque nesas primeras navegacións aprendimos cales eran as características formais deses elementos que chamaban a nosa atención e que nunca tiñan a información que procurábamos. Estas caracteríticas son: situados na parte superior da páxina, cores chamativas e imaxes parpadeantes. 

   O curioso é que os publicistas, que supoño que xa saben que ninguén lles presta atención, en lugar de cambiar de estratexia, aumentaron o tamaño dos banners, empregaron cores máis chamativas e máis reforzo nos parpadeos. Con isto consiguen o efecto contrario, que é que se ignoren aún máis. 

  Fonte https://www.alzado.org/articulo.php?id_art=90. Comenta o traballo de Donald Norman. 

lunes, 9 de abril de 2018

Unidade didáctica Alfabetización dixital: (bioloxía/inglés) “Bulos nas redes sociais acerca da saúde” 3º PMAR




Obxectivos:
Saber facer unha búsqueda en internet.
Saber diferenciar entre páxinas fiables e non fiables.
Amosar espíritu crítico ante toda a información que aparece nas redes
Saber utilizar as TICs.

Competencias:
Lingüística, científica (matemática), aprender a aprender, cívica social e dixital (CCl, CMCT, CPAA, CSC, CD)

Proxecto:
1.       Buscar bulos en internet relacionados con la salud
2.       Buscar información que os confirme ou desminta
3.       Responder:
1.       fonte de búsqueda (pensas que é fiable ou non e por que)
2.       indica os pasos que seguiches para atopar a información (páxinas, ...)
3.       Fai un resumo explicando como debería ser esa información
4.       Reflexionar sobre o por que da creación dese bulo, a súa finalidade
5.       Despois da busca, facemos un padlet en inglés con todos os bulos atopados

lunes, 2 de abril de 2018

Proposta de actividade para decidir rápidamente se a páxina me interesa ou non.


Resultado de imagen de paginas web

   Neste caso, traballar coa aprendizaxe por descubrimento non nos levará moito tempo. 

  - Dicímoslles aos alumnos que queremos buscar información sobre algún tema concreto. 

  - Proxectamos no encerado dixital durante uns segundos varias páxinas. Unhas terán que ver co tema e outras non. 

  - Pedímoslles que digan se a páxina nos interesa ou non. 

  - As súas respostas teñen que estar xustificadas. Teñen que dicir por que o saben.

   - Poñemos en común as respostas no encerado. 

   - Anotamos no dossier "Que aprendín" as conclusións. 

En que orde debo mirar a páxina web para saber se me interesa ou non.



   Outro aspecto a ter en conta para decidir rápidamente se unha páxina me interesa ou non é o xeito en que se distribúe a información nela. Nos poucos segundos que o noso alumnado terá para decidir se continúa lendo esa páxina, deberá dirixir a súa mirada a uns sitios antes que a outros, porque a información relevante soe estar sempre no mesmo sitio.  

Os usuarios (en occidente) len de esquerda a dereita e de arriba cara abaixo. Canto máis preto da esquina superior esquerda do noso lay-out (distribución), maior nivel jerárquico terán, e conforme están máis cara á dereita inferior, menor nivel xerárquico, e polo tanto serán 'partes de'.
O elemento que normalmente colócase na esquina superior esquerda é o logo da web, será o elemento de maior nivel xerárquico, co que se indica que o resto de elementos son subelementos deste.




Esquema de jerarquía visual

Qué elementos debo mirara para decidir rápidamente se unha páxina web me interesa ou non.

Resultado de imagen de paginas web


    É moi importante que os nosos alumnos saiban si unha páxina interésalles ou non con apenas unha ollada. Cando buscamos algo en internet, abrimos unha páxina detrás doutra. Non temos tempo para lelas todas detalladamente. Apenas si dedicarémoslles uns segundos a cada unha para saber si é o que buscamos ou non. Por iso é moi importante que os nosos alumnos saiban a onde teñen que mirar, a que teñen que prestar atención durante eses segundos nos que decidirán si merece a pena deterse nesa páxina. Para iso, é importante que saiban: 

a) Como se distribúe a información nunha web.

b) A que elementos teño que prestar atención.  

   Hai determinados elementos dentro dunha web que nos din de que trata sen necesidade de ler todo o que hai nela. 
   Estes elementos son:

- Palabras resaltadas tipográficamente con:

                Maior tamaño.
                Mayúsculas. 
                Negritas. 
                Diferentes colorees
                Fotos.

c) A que elementos non debo prestar atención.

   Non todo o que atopamos dentro dunha web ten que ver coa información que esta transmite. Con frecuencia, as webs inclúen publicidade, enlaces a outras webs por intereses diversos, etc? Por iso, o noso alumnado, neses segundos que ten para saber si unha páxina interésalle, debe descartar:

- Vídeos. 
- Imaxes que se moven. 
- Imaxes que parpadean. 
- Fiestras emerxentes.

   Todos estes elementos, adoitan conter publicidade. Adoitan ser banners. (Os alumnos tenden a non prestarlle atención aos banners de xeito intuitivo. Podes consultar a explicación a este feito dende a psicoloxía cognitiva aquí)
   
  Ademáis, tampouco cómpre prestarlle atención as iconas. (máis información sobre as iconas )

Catro propostas de actividade para seleccionar e avaliar a información na rede.


Resultado de imagen de paginas web

    A primeira actividade consiste en darlles dúas páxinas webs, unha fiable e outra non e que lles apliquen a lista que dimos no post Selección e avaliación da información na rede: Criterios xerais. O problema desta actividade é que se demora moito no tempo e que moitas destas cuestións son incomprensibles para o noso alumnado. Porén, precisamente por ese carácter lento, é bó para que fixen algúns conceptos a aprendan outros novos como "relevante" ou "entidade". 

   A segunda actividade é moito máis dinámica e permite analizar moitas páxinas nun curto periodo de tempo. Podemos darlles diferentes páxinas e que apliquen soamente as tres cuestións propostas en Selección e avaliación da información: Tres criterios que darlle ao alumnado.

   Estas dúas actividades traballan coa aprendizaxe modelado ou vicario. Ofrecémoslles un modelo que han de aplicar en diferentes contextos. Este tipo de aprendizaxe funciona ben sobre todo cando non temos demasiado tempo. Porén, a aprendizaxe por descubrimento fixa mellor os novos coñecementos, é máis divertida para o alumnado é parécese máis ao que serán as estratexias de aprendizaxe que empregarán como adultos. Por iso, se temos tempo, recomendamos levar ao aula estas outras dúas:

   Dámoslle ao alumnado varias páxinas web, unhas fiables, outras non. E preguntámoslles si consideran que son fiables ou non. As súas respostas non poden limitarse a si ou non. Teñen que incluír por que, como chegaron a esa conclusión. 

  Poñemos en común as respostas no encerado e anotamos as conclusións no dossier "Que aprendín", que habemos ir reenchendo a longo do curso.

   Podemos invertir o camiño para chegar ás conclusións pedíndolles que fagan unha páxina falsa, con datos erróneos ou noticias falsas e que expliquen cómo o fixeron. Como sucedía na actividade anterior, eñen que incluír por que fixeron o que fixeron. 

  Poñemos en común as respostas no encerado e anotamos as conclusións no dossier "Que aprendín", que habemos ir reenchendo a longo do curso.

Selección y avaliación da información: Tres criterios que darllo ao alumnado.


Resultado de imagen de paginas web

 
  O problema da lista de criterios que recollimos no post anterior, é que é demasiado extensa e demasiado complexa para alumnos de primeiro e segundo da ESO. Preguntas como “Os recursos paratextuais facilitan a comprensión ou a complexizan?” ou “Que información transmite a url?” non son doadamente entendidas por eles. Ademáis, ter que encher toda a lista para chegar á conclusión de que a páxina é fiable ou non é unha actividade demasiado longa. Ninguén, cando procura algo na rede, faise todas as preguntas que temos recollido no post anterior. A procura na rede ten que ser algo rápido. Apenas uns segundos para decidir se debo permanecer nesa páxina e lela enteira ou non.

  Por iso consideramos que hai que reducir ao máximo todas esas cinco preguntas.

 As tres preguntas que deben facerse os nosos alumnos para saber se é fiable ou non unha páxina son:


1. Quen é o autor/responsable da páxina?
(esto inclúe non só a persoa que firma a páxina, senon a entidade que está detrás dela. Pode ser un periódico, una biblioteca nacional… ou unha persoa recoñecida no campo do que trata a páxina).

2. A información é relevante?

3. Está actualizada?

Unha proposta de actividade.



Resultado de imagen de google
    
O problema principal que teñen os nosos alumnos á hora de buscar algo utilizando un buscador é que se limitan a unha única palabra crave.

Por exemplo:

Si pedímoslles que busquen información sobre cómic, eles limitaranse a copiar ?cómic? en Google Chrome e a súa procura limitarase aos resultados que este buscador ofrézalles.

Como indicamos en entradas anteriores, non hai un único buscador, nin un único navegador, nin un só criterio de procura. Ademais de Chrome poden usar Mozilla, ademais de Google poden usar Yahoo, ou ademais dunha única palabra crave poden usar sinónimos, hiperónimos, etc...

Para traballar a aprendizaxe por descubrimento e que sexan eles os que van chegando ás conclusións que expuxemos de forma teórica en posts anteriores:

- Trátase dunha actividade contrarreloj.

- Teñen que facer unha pequena táboa con catro filas ou columnas. Na primeira anotarán que buscador usaron, na segunda que palabras copiaron nel, na terceira si chegaron a esa páxina directamente desde o buscador ou desde outra páxina, e na cuarta que atoparon.

- Unha vez feita esta táboa, pedímoslles que busquen algo concreto.

- O primeiro que o atope explicará aos demais como o conseguiu.

- A actividade repetirase varias veces, con distintas procuras.

- Despois facemos unha posta en común e sacamos conclusións.



Paralelamente levaremos un dossier no que anotarán "que aprendín?" que iremos reenchendo ao longo do curso.

Ir dunha páxina a outra.



      Os breadcrumbs ou 'migas de pan' é un elemento moi utilizado para que o usuario non se perda, indicándolle onde está e a relación xerárquica dese nodo co resto da estrutura da web. A miga de pan (do inglés breadcrumb) ou o fío de Ariadna (do francés fil d'Ariane) é unha técnica de navegación usada en moitas interfaces gráficas de usuario, ademais de páxinas web. Aínda que o seu deseño pode adoptar infinidade de variantes, en termos xerais consiste nunha liña de texto na que se indica o percorrido seguido e a forma de regresar. Permite que o usuario coñeza a ruta da súa ubicación en directorios e subdirectorios, e navegue a través dela.


Resultado de imagen de breadcrumbs internet

     Os breadcrumbs non indican necesariamente o camiño que seguiron os usuarios para chegar a ese nodo web, por dúas razóns: os usuarios poden vir redirixidos doutras webs; e ademais, que o website utilice breadcrumbs non significa que teña un estrutura hipertextual puramente xerárquica. Indican un posible camiño desde a home ata a páxina actual, e a relación xerárquica entre todos os elementos do breadcrumbs.


Resultado de imagen de breadcrumbs internet


Onde estivo o usuario é forma máis sinxela de indicarlle ao usuario onde estivo. Faise frecendo unha tonalidad de cor diferente para ligazóns xa visitados. O usuario recorda as páxinas que visitou, pero non ten por qué recordar o nome das ligazóns que levaban cara a elas. De feito, quizais nin tan sequera utilizou eses ligazóns para chegar a esas páxinas.


Adiante, Atrás e Inicio. Estes típicos enlaces (case sempre en forma de iconos) poden ter maior ou menor utilidade segundo como se faga uso deles. Non é o mesmo empregar unha barra de navegación (cos iconos 'atrás' e 'adiante') para moverse por un subelemento do site que teña unha estrutura secuencial (como un artigo divido en páxinas ou unha presentación secuencial de diapositivas), que utilizar unha barra de navegación deste tipo para moverse polo sitio web en si.: