lunes, 2 de abril de 2018

Catro propostas de actividade para seleccionar e avaliar a información na rede.


Resultado de imagen de paginas web

    A primeira actividade consiste en darlles dúas páxinas webs, unha fiable e outra non e que lles apliquen a lista que dimos no post Selección e avaliación da información na rede: Criterios xerais. O problema desta actividade é que se demora moito no tempo e que moitas destas cuestións son incomprensibles para o noso alumnado. Porén, precisamente por ese carácter lento, é bó para que fixen algúns conceptos a aprendan outros novos como "relevante" ou "entidade". 

   A segunda actividade é moito máis dinámica e permite analizar moitas páxinas nun curto periodo de tempo. Podemos darlles diferentes páxinas e que apliquen soamente as tres cuestións propostas en Selección e avaliación da información: Tres criterios que darlle ao alumnado.

   Estas dúas actividades traballan coa aprendizaxe modelado ou vicario. Ofrecémoslles un modelo que han de aplicar en diferentes contextos. Este tipo de aprendizaxe funciona ben sobre todo cando non temos demasiado tempo. Porén, a aprendizaxe por descubrimento fixa mellor os novos coñecementos, é máis divertida para o alumnado é parécese máis ao que serán as estratexias de aprendizaxe que empregarán como adultos. Por iso, se temos tempo, recomendamos levar ao aula estas outras dúas:

   Dámoslle ao alumnado varias páxinas web, unhas fiables, outras non. E preguntámoslles si consideran que son fiables ou non. As súas respostas non poden limitarse a si ou non. Teñen que incluír por que, como chegaron a esa conclusión. 

  Poñemos en común as respostas no encerado e anotamos as conclusións no dossier "Que aprendín", que habemos ir reenchendo a longo do curso.

   Podemos invertir o camiño para chegar ás conclusións pedíndolles que fagan unha páxina falsa, con datos erróneos ou noticias falsas e que expliquen cómo o fixeron. Como sucedía na actividade anterior, eñen que incluír por que fixeron o que fixeron. 

  Poñemos en común as respostas no encerado e anotamos as conclusións no dossier "Que aprendín", que habemos ir reenchendo a longo do curso.

No hay comentarios:

Publicar un comentario