domingo, 22 de abril de 2018

Por que non lle prestamos atención aos banners?

Resultado de imagen de banner

    
    Unha das primeiras indicacións que lles damos aos nosos alumnos cando lles estamos a ensinar como procurar  na rede, é que non lle presten atención a elementos parpadeantes, con cores chamativas, etc... porque no noventa e nove por cento dos casos trátase de banners publicitarios que pouco ou nada teñen que ver co obxectivo da nosa procura.

   Porén, cando fun a explicarllo aos meus alumnos de primeiro da ESO, decateime de que non era necesario. Xa eles, sen necesidade das miñas indicacións, ignoraban os banners. 

   Hai pouco atopei un artículo en internet que explicaba, dende a psicoloxía cognitiva, por que aqueles rapaces instintivamente ignoraban os banners. 

   É un feito que cando aparece algo novo, chamativo, que fai ruido, etc... a nosa atención diríxese inmediatamente hacia el. Se, por exemplo, estamos nunha habitación e a porta se abre de súpeto, voltaremos instintivamente a mirada cara alí para ver qué pasa. Este fenómeno chámase reflexo de orientación e é resultado de millóns de anos de evolución. É un mecanismo adaptativo que fainos estar alerta ante posibles perigos. Algo semellante pasaba cos banners. Ao principio, os publicistas colocaban banners chamativos nas páxinas web para captar a nosa atención. E o conseguían. Mirábamos cara alí malia que o que anunciaba o banner non fose do noso interese. 

    Pero esto xa non é así, como demostraba a pouca ou nula atención que os meus alumnos lle prestaron aos banners. Continuando co exemplo anterior, se a porta que se abre o fai continuamente, deixaremos de xirarnos para mirala. Esto podemos observalo perfectamente na porta do noso centro. Se se abre fora do horario de recreo, miraremos cara ela porque non adoita abrirse. Pero se temos garda de recreo, e os rapaces entran en salen, xa non lle prestaremos atención. Estaremos desensibilizados. O mesmo sucede cos banners. Nas nosas primeiras navegacións pola rede, prestámoslles atención, pero tras un tempo, non lles faremos caso. Esto é porque nesas primeras navegacións aprendimos cales eran as características formais deses elementos que chamaban a nosa atención e que nunca tiñan a información que procurábamos. Estas caracteríticas son: situados na parte superior da páxina, cores chamativas e imaxes parpadeantes. 

   O curioso é que os publicistas, que supoño que xa saben que ninguén lles presta atención, en lugar de cambiar de estratexia, aumentaron o tamaño dos banners, empregaron cores máis chamativas e máis reforzo nos parpadeos. Con isto consiguen o efecto contrario, que é que se ignoren aún máis. 

  Fonte https://www.alzado.org/articulo.php?id_art=90. Comenta o traballo de Donald Norman. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario