domingo, 11 de marzo de 2018

Youtube

Resultado de imagen de youtube



   YouTube é unha plataforma dedicada a subir e compartir vídeos.

   É un Portal de Internet e rede social que propicia aos seus usuarios subir e visualizar vídeos. É o terceiro sitio web máis visitado de todo o mundo.

   O seu uso máis frecuente é para buscar vídeos.

  
    Foi creado en febreiro de 2005 por tres chico, Chad Hurley, Steve Chen e Jawed Karim, que traballaban en Paypal. Dous deles, enxeñeiros, e o outro, diseñador. Foi creado en San Bruno, California.Inventouse para compartir uns vídeos, xa que estaban nunha conferencia e resultoulles tan difícil facelo que crearon esta aplicación. O primeiro vídeo de Youtube foi un chamado me at the zoo.


   Para crear unha canle só necesitas unha conta de E-mail e darlle a iniciar sesión, a partir de aí poderás compartir videos e subscribirte a outras canles. Si non tes unha canle pediranche que crees un. Hai que comprobar os datos (nome e foto da túa conta de Google) e despois confirmar que queres crear unha canle nova.

 Os premios que che dá Youtube cando chegas a certas cifras de subscriptores chámanse botóns, e hainos de distintos tipos:

Botón de prata: 100 000 subscriptores.
- Botón de ouro: 1 millón de subscriptores.
- Botón de diamante: 10 millóns de subscriptores
- Botón de rubí: 50 millóns de subscriptores.

    En Youtube podes gañar diñeiro dependendo do número de visitas, as horas de visitas que teñen os teus vídeos e o número de subscriptores. Unha canle ten que alcanzar un total de 1000 subscriptores e 4000 horas de tempo de reprodución dos seus vídeos durante os últimos 12 meses.

   Para que serven os iconos que aparecen na páxina inicial de Youtube?

- O círculo coa foto: para acceder á túa canle.

- A campá: aí aparecen as notificaciones para ver os vídeos que subiron recientemente as canles aos que estas subscrito.

- Flecha: serve para subir vídeos.

- O icono da casa: para acceder á pantalla de inicio.

- Tendencias: aparecen os vídeos que están máis de moda na actualidade.

- Subscripciones: serve para ver as canles aos que estás subscrito.

- Historial: para ver a lista de vídeos que xa viches anteriormente.

- Ver máis tarde: engades os vídeos a unha lista para poder velos máis tare.

- Vídeos que me gustan: aquí aparecen todos os vídeos aos que lle deches gústame

No hay comentarios:

Publicar un comentario