domingo, 11 de marzo de 2018

Instagram

Resultado de imagen de instagram


QUE É?

    Instagram é unha aplicación que actúa como rede social xa que permite aos seus usuarios subir calquera tipo de fotos e videos, coa opción de aplicar diversos efectos fotográficos, por exemplo, filtros, marcos, similitudes térmicas, cores retro.

    Instagram serve para subir fotos a internet e permite elixir entre ter a túa conta pública, tela privada só para os teus seguidores, ou enviar a foto por mensaxe directa a unha ou varias persoas en concreto. 


CANDO SE CREOU?

    Foi creada un 6 de outubro de 2010 lanzouse en Apple App Store unha das redes sociais máis famosas do mundo enteiro. Instagram foi creado polos mozos Kevin Systrom e Mike Krieger. Dita aplicación pensouse en principio soamente para Iphone, Ipad e Ipod. A partir de abril de 2012 estendeuse a Android chegando a 100 millóns de usuarios activos. Logo, en decembro de 2014, superou os 300 millóns de consumidores.

CURIOSIDADES:

    O nome orixinal era Burnb e despois pasouse a chamar Condename.

    O 68% das persoas que o teñen son mulleres entre 15-25 anos.

    É a aplicación que se utilizan máis o #. 

    Ten sobre 20 mil millóns de fotos.

    Instagram significa: "Inst" son as antigas cámaras e "gram" era a antiga forma de compartir unha mensaxe.


FUNCIÓNS:

    Son as opcións que ten Instagram para subir videos ou fotos:

Historias: A súa principal calidade é o outorgar aos usuarios a posibilidade de crear vídeos curtos, que desaparecen logo de 24 horas desde a súa publicación.

Direct: É unha función de Instagram onde che podes facer un vídeo en directo mentres que todos o teu seguidores póidanlle ver mentres o fai.

Directo dobres: É o mesmo que un directo normal só que o fan dúas persoas xuntas cada unha coa súa conta de Instagram.

Boomerang: É un vídeo curto no que se repite continuamente.

Rewail: Reproduce vídeos ao revés.

Super zoom: É un efecto que serve para facer que os teus videos coa cámara frontal e teñen unha nova opción de edición, porque ademais do zoom ao rostro, tamén podes agregar sons que aumentan a tensión dramática do video.

Stotmotion: É unha sucesión rápida de fotos.


LOGOTIPO:

    Desde que Instagram creouse ata agora o logotipo cambio moito. Antes era máis elaborado e de diferentes cores e agora é máis simple.

No hay comentarios:

Publicar un comentario