miércoles, 15 de noviembre de 2017

Selección e avaliación da información: Criterios xerais.


Resultado de imagen de evaluación información internet

a) Quen é o autor da páxina? É fiable?

- Figura de xeito explícito o responsable da web ou o seu autor?

- É unha organización ou entidade recoñecida?

b) Os contidos son axeitados?

- É rigorosa e relevante a información que ofrece o sitio?

- Existe coherencia entre texto, imaxe e son?

- A información está desenvolvida con amplitude e claridade?

- O tema está desenvolvido en profundidade?

- A información está libre de erros gramaticais e ortográficos?

c) Está actualizada?

- Indícase claramente a data de actualización?

- Cando se realizou a última actualización?

- Ademais dunha mención explícita, hai outros indicios de que a información está actualizada? 

d) Navégase fácilmente por ela?

- Inclúese un mapa do sitio?

- Pódese identificar con rapidez a páxina que se quere visitar?

- Pódese chegar fácil e directamente a ela?

- Hai unha ligazón á páxina inicial desde calquera outra páxina?

- Pódese volver fácilmente a unha páxina xa visitada?

- As ligazóns son fáciles de identificar?

- As ligazóns agrúpanse con algún criterio reconocible?

d) Está organizada?

- Ten títulos e subtítulos?

- Son eses títulos e subtítulos pertinentes ou son confusos ou engañosos?

- Hai unha orde lóxica na presentación dos contidos?

- Hai índices, palabras crave, esquemas de información?

- Os íconos representan claramente o seu propósito?

e) Se le doadamente?

- É axeitado o tamaño da letra empregada?

- Hai elementos que dificulten a lectura?

- A imaxe de fondo ofrece un bo contraste co tipo de letra
ou é molesta para a vista?

- O texto e os gráficos están amontoados ou teñen espaciados axeitados?

- As páxinas son excesivamente longas ou sobrecargadas?

f) É axeitada ao lector?

- O tratamento da información ten a profundidade axeitada para os destinatarios?

- O vocabulario, a linguaxe e os conceptos empregados poden ser comprendidos polos destinatarios?

- Os recursos paratextuais facilitan a comprensión ou a complexizan?

g) Que información transmite a url?

No hay comentarios:

Publicar un comentario