a) A conectividade
é a cualidade que permite, mediante ligazóns, facer conexións interdocumentais
e intradocumentais.
Hai dúas
formas de conectividade:
1) A que establece conexións interdocumentais -a outras
páxinas-: A forma máis habitual é a de hipervínculos ou referencias cruzadas
automáticas que van a outros documentos (lexías).
2) A que establece conexións intradocumentais: Outra forma
de hipertexto é o stretchtext que consiste en dous indicadores ou aceleradores
e unha pantalla. O primeiro indicador permite que o escrito poida moverse de
arriba cara abaixo na pantalla.
b) Dixitabilidade:
Un dos elementos fundamentais que confire a súa natureza ao hipertexto é o
feito de que se desenvolve en documentos dixitalizados e instrumentalizados por
computadoras. Texto, imaxes fixas ou en movemento, sons, vídeos, etc. se dixitalizan
e computabilizan ao codificarse en bits de información. Isto fai que se vaia
rapidísimo dun sitio a outro.
c) Lectura non secuencial:
O lector non le dende principio a fin sen repeticións nin omisións. O contido
secuencial do discurso escrito, paso a paso, secuencia a secuencia, pode ser
roto, xa que o hipertexto permite un acceso non lineal á información por medio
de saltos a través de ligazóns, o cal implica poder romper cun fío discursivo
único e modificar a secuencia única como principio ordenador da información.
En moitos
casos, o lector/usuario é quen elixe a ruta a seguir. Por iso é polo que se
fala de descentramento, da degradación da figura do autor e da importancia do
lector, e de que a cantidade de información recibida pode provocar sobrecarga e
desbordamiento cognitivo posto que os camiños de exploración dos documentos son
múltiples, e o lector pode chegar a desorientarse se intenta penetrar ou
profundar en todos os niveis da rede hipertextual.
d) A multimedialidade
supón a integración no hipertexto de distintos medios. Os documentos
hipertextuaies poden ser textuais, gráficos, sonoros, animados, audiovisuais ou
unha combinación de parte ou de todas estas morfoloxías.
e) Interactividade:
isto é evidente.
f) A información ofrecida nun hipertexto adoita estar
suxeita a unha actualización e
mantemento continuos, independientemente da súa variabilidade espacial.
No hay comentarios:
Publicar un comentario